jueves, 25 de febrero de 2010

Non hai baloncesto para este fin de semana


Suspendida a competición desta xornada en TODAS as LIGAS FGB e LIGAS ZONAIS

A Federación Galega de Baloncesto, seguindo as recomendacións da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia en vista da adversa situación meteorolóxica que atravesa nestas datas a nosa Comunidade e por unha cuestión de prudencia, toma a decisión de SUSPENDER TODA A COMPETICIÓN DESTA XORNADA nas LIGAS FGB e LIGAS das DELEGACIÓNS ZONAIS.

Polo tanto suspéndense TODOS os encontros de carácter autonómico e zonal a disputar na nosa Comunidade Autónoma esta fin de semana (26, 27 e 28 de febreiro). Así mesmo, a Federación Galega de Baloncesto habilita a fin de semana do 27 e 28 de marzo como data para ubicar de novo esta xornada para todas as competicións FGB, excepto para a Liga FGB Sénior Feminina cuxa nova data de xogo será a do 19 de marzo.

Todos os clubs que desexen fixar os seus encontros noutras datas diferentes das anteriores, previo acordo entre os dous equipos implicados e notificado á Federación Galega por escrito, poderán facelo sen que isto lles supoña custe monetario algún.

lunes, 22 de febrero de 2010

Crónica da xornada



CADETE FEMENINO
EB CONCELLO DE ZAS - MARISTAS: 11 – 50 (Parciais: 0 – 12; 4 – 10; 3 – 12; 4 – 16)

EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 0 ptos; Cristina 0 ptos; Nerea, 0 ptos; María, 6 ptos; Carlota, 5 ptos – quinteto inicial – Andrea, 0 ptos; Carla, 0 ptos.

Partido con pouca historia para contar: moi boa defensa das rapazas de Baio durante todo o partido facendo novamente que o equipo contrario baixara na sua puntuación con respecto o partido de ida. (Recordar que o marcador na ida fora de 87 – 10). En ataque decir que a pesar de chegar a canastra de Maristas as rapazas de Baio non eran capaces de anotar, tendo merecido obter un marcador bastante superior os 11 puntos que reflexaba o seu marcador como pasou no partido de ida.
O equipo de Baio non volve a ter competición ata a xornada do 07 de marzo, en partido de rivalidade comarcal contra Laracha e último partido desta liga, xa que na próxima xornada correspondelle descansar.

INFANTIL
EB Concello de Zas,31-Los Rosales, 16
Victoria do equipo infantil no debut de Pablo Moreira como adestrador do equipo.

miércoles, 17 de febrero de 2010

Horarios para este fin de semana



Este fin de semán, os equipos das EB Concello de Zas tan só van a disputar tres partidos.Serán os equipos benxamín, infantil e cadete femenino os únicos que compitan. Os horarios son os seguintes:

Infantil-Liga provincial-Xornada 9

Los Rosales-EB Concello de Zas, o sábado ás 16:30 no colexio Compañía de María

Saída ás 15:00 de Baio en coches partículares

Benxamín-Liga Comarcal-Xornada 7

EB Concello de Zas- Xuventude Dubresa, o sábado día 20 de febreiro ás 10:50 no IES Parga Pondal de Carballo

Saída do bus: 09:50
Chegada do bus: 13:00 horas

Cadete femenino-Liga provincial-Xornada 11

EB Concello de Zas-Maristas Coruña, o domingo 21 de febreiro ás 17:00 no pavillón municipal de Baio

lunes, 15 de febrero de 2010

Derrota do equipo cadete ante Santa María del Mar


STA MARIA DEL MAR - EB CONCELLO DE ZAS: 81 – 39 (Parciais: 18 –7; 16 – 15; 28 – 4; 19 – 13)

EB CONCELLO DE ZAS: Sandra, 2 ptos; Cristina, 0 ptos; Elena ,4 ptos; Nerea, 6 ptos; Carlota, 13 ptos – quinteto inicial – Nazaret, 7 ptos; Andrea, 0 ptos; Carla, 0 ptos; María 7 ptos.

Un inicio de partido no que os dous equipos parecían competir en fallos no tiro, indo por rachas cada un deles; así de arrancada o Sta Mª del Mar poñia de principio un marcador de 7 – 0 para dous minutos mais tarde estar 7 – 6 con opción de ponerse por diante o equipo de Zas, para no final do cuarto distanciarse o equipo coruñés de 11 puntos. No segundo cuarto continuou a igualdade no marcador, tendo un parcial a favor de Sta Mª del Mar por un só punto (16-15). Chegado o terceiro cuarto, no que normalmente consiguen millores resultados parciais as de Zas, nesta ocasión douse a debacle cun parcial que xa rompiu completamente o marcador e as opcions de seguir no partido para as rapazas de Baio (28-4). Si durante todo o partido a perda de balons nos pases estaba sendo mais alto do habitual, neste tercer cuarto foi o aspecto que marcou o resultado de forma crara. No último cuarto volveron a recuperar o nivel dos últimos encontros, conseguindo unha puntuación por riba dos 10 puntos.
Próxima xornada nº 12 (21/02):
E.B.Concello de Zas – Maristas
Pista: Pavillón municipal Baio
Hora: 17:00 h

martes, 9 de febrero de 2010

Clasificación alevín


Clasificación

Total

Pos Equipo J G E P GF GC DF Pts.

1 ACB Costa Da Morte 5 4 0 1 242 176 66 9

2 Artai A 4 4 0 0 262 93 169 8

3 Burguitos EBX 4 3 0 1 248 124 124 7

4 Artai B 5 2 0 3 217 191 26 7

5 Concello Zas 5 2 0 3 196 180 16 7

6 Laracha 4 0 0 4 43 316 -273 4

7 Xuv. Dubresa 3 0 0 3 69 197 -128 3

Clasificación do equipo benxamín


clasificación

Total
Pos Equipo J G E P GF GC DF Pts.
1 Artai A 5 5 0 0 227 76 151 10
2 Batidos Leyma EBX 5 4 0 1 296 82 214 9
3 Concello Zas 4 3 0 1 200 30 170 7
4 Artai B 5 2 0 3 90 176 -86 7
5 Laracha 4 2 0 2 150 162 -12 6
6 Xuv. Dubresa 4 2 0 2 72 95 -23 6
7 Artai C 6 0 0 6 52 356 -304 6
8 A cristina 3 0 0 3 16 126 -110 3

lunes, 8 de febrero de 2010

Derrota do equipo cadete

EB CONCELLO DE ZAS – MONTE MOAS BCA: 24 – 75 (1 – 20; 7 – 16; 4 – 12; 12– 27)

EB CONCELLO DE ZAS: Cristina, 0 ptos; Nerea, 2 ptos; María, 2 ptos; Elena, 0 ptos; Carlota, 10 ptos – quinteto inicial – Sandra, 4 ptos; Carla, 0 ptos; Nazaret, 6 ptos; Andrea, 0 ptos.

Tralo bo partido disputado a semana pasada ante As Torres María Pita o equipo de Baio novamente tivo un pésimo inicio de partido que permitiu o equipo de Monte Moas BCA marcharse no marcador.

A defensa presionante do equipo coruñés e malas seleccións de pase, sobre todo, favorecían o xogo de contraataque para o equipo visitante.

No terceiro cuarto, cun cambio de actitud nas xogadoras baiesas conseguiron que o equipo visitante conseguira a súa primeira canastra na mitade deste cuarto. Destacar neste cuarto o quinteto que estaba na pista, as tres infantis do equipo Elena, Carla e Andrea, xunto con Carlota e Sandra, facendo un meritorio traballo contra un equipo contrario mais alto.

No último cuarto a defensa perdiu un pouco de intensidade por parte dos dous equipos, prevalecendo os ataques sobre as defensas, dándose o marcador mais alto de todolos cuartos: 12-27

Próxima xornada: nº11 (13/14-02)

Santa Maria del Mar – EB Concello de Zas

jueves, 4 de febrero de 2010

Horario para este fin de semana


HORARIO DE BALONCESTO

CADETE FEMENINO-LIGA PROVINCIAL-10ªXORNADA

EB Concello de Zas-Monte das Moas BCA, o domingo 7 de febreiro ás 17:00 no pavillón municipal de Baio



Infantil masculino-Liga provincial 2ª División-7ª xornada

EB Concello de Zas-Suspendida a xornada



Alevín-Liga comarcal-6ª xornada

ACB Costa da Morte–EB Concello de Zas, o sábado día 6 ás 11:55 no IES Parga Pondal

Saida ás 9:50 da tenda de deportes MC

Chegada ás 13:30



Benxamín-Liga comarcal-6ª xornada

Artai C-EB Concello de Zas, o sábado día 6 ás 10:50 no IES Parga Pondal

Saida ás 09:50 da tenda de deportes MC

Chegada ás 13:30